Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

María do Ceo dálle voz ao himno do lendario territorio do Couto Mixto

A Asociación de Amigos do Couto Mixto nomeou os seus Xuíces de Honra

Santiago. A cantante luso-galega María do Ceo presentou a mediodía de onte na igrexa de Santiago de Rubiás, no Concello de Baltar, Ourense, un himno novo para o histórico territorio do Couto Mixto.

A peza, con letra de Armando González, foi cantada pola intérprete durante a cerimonia e entregada á Asociación de Amigos do Couto Mixto nun disco compacto como agradecemento ao nomeamento da cantante como nova Xuíza Honoraria do lendario lugar. Este título era escolleito antigamente polos cidadáns do Couto Mixto e tiña unha función representativa na comunidade. A cantante, que deu un concerto a noite de onte na parroquia de Valadares, Vigo, foi escollida pola Asociación de Amigos do Couto polo seu "traballo coa cultura Galaico-Portuguesa".

O Couto Mixto situábase ao sur da provincia de Ourense, preto da estrema con Portugal e comprendía as tres aldeas de Santiago, Rubiás e Meaus, cun terreo de 27 metros cadrados.

Terra libre. O territorio existiu como terra libre ata a sinatura do Tratado de Lisboa no ano 1864 e os seus habitantes gozaban dunha serie de privilexios coma a exención de impostos, a liberdade de escolla da nacionalidade -portuguesa ou española- así como o dereito de asilo para fuxidos ou a liberdade de comercio, que incluía o dereito á libre circulación entre os dous estados para o troco de víveres ou tabaco.

 

09 jul 2011 / 23:44
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito