Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

María Vilarino López gaña o XVI Pura e Dora Vázquez de Ilustración

Destaca o xurado que o traballo da ourensá invita á reflexión e ao pensamento do público

    Santiago. A ilustradora ourensá María Villarino López (Ourense, 1975) foi a gañadora do XVI premio de literatura infantil e xuvenil Pura e Dora Vázquez na modalidade de Ilustración, dotado con 1.500 euros, que convoca a Deputación Provincial de Ourense.

    O xurado, reunido onte no centro cultural Marcos Valcárcel, destacou das ilustracións gañadoras que "invitan ao pensamento e á reflexión e teñen un compoñente de misterio e imaxinación moi interesante". Así mesmo, sinalou que as ilustracións premiadas "se adaptan moi ben ao texto, sendo imaxes creativas cunha técnica pictórica moi depurada que demostra un bo coñecemento da historia da arte".

    Os traballos presentados foron obras inéditas e orixinais baseadas no texto gañador do premio de narración desta edición Rafa Vilar, Os outros oficios.

    O xurado estivo presidido pola deputada provincial de Cultura, Patricia Torres, e integrado como vogais por Carlos Rodríguez e Xan Xosé Rodríguez, actuando como secretaria a xefa da sección de Arquivo e Publicacións, Ana Malingre.

    María Villarino é profesora de Ensino Secundario, ilustradora e coautora do proxecto didáctico de Os Barballocas 2006-2008.

    08 nov 2019 / 22:03
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito