Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 31 octubre 2020
03:41
h

María Xosé Lamas recolleu o VII premio Arume de poesía

A Fundación Neira Vilas deulle o galardón ao libro ‘Cantigas para aprender a soñar’

Onte tivo lugar a entrega da VII edición do Premio Arume de Poesía á lucense María Xosé Lamas pola obra Cantigas para aprender a soñar. O certame literario convócao, con periodicidade bianual desde 2001, a Fundación Xosé Neira Vilas e conta coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

No acto –que se celebrou en Gres, na sede da Fundación Xosé Neira Vilas– participaron, canda ao secretario xeral, o escritor e académico da RAG Xosé Neira Vilas, o director xeral de Medio Rural, Antonio Crespo, e o rexedor cruceño, Jesús Otero.

Nel tamén recibiron cadansúa mención do honra, outorgadas polo xurado, os escritores Antón Cortizas, por Cando as follas voan; María Canosa, por O libro dos medos que non o son, e Xosé Luna Sanmartín, por Versos e bicos. Tres nenos foron os encargados de ler outros tantos poemas pertencentes á obra gañadora, A mañá esperta, Moio e Lúa chea, e o coñecido músico galego Xabier Díaz –vocalista de Berrogüetto e de aCadaCanto– tocou ao acordeón varias pezas, entre elas un alalá.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

16 dic 2013 / 00:00
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito