Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
Mestra e cineasta afeccionada

Marisa Otero: “Con ‘Nebra’ quixen retomar a historia dos meus avós e bisavós”

“Axudarnos entre nós é o que fai que os afeccionados poidamos materializar as nosas creacións”

Marisa Otero, profesora de Lingua e Literatura no IES Manuel García Barros da Estrada, continúa coa súa carreira de cineasta afeccionada. Nesta ocasión, será unha curtametraxe de ficción histórica, Nebra, a que presentará no centro sociocultural de Vedra o sábado ás 21.00 horas.

¿Como xurdíu a idea de crear esta nova curtametraxe, Nebra? A idea veume á cabeza a partires dunha historia que me contara miña nai e que lle pasara aos meus avós. Dinme conta de que eles e os meus bisavós tiñan relación coa redención dos foros e cos mártires de Nebra.

¿Canto tempo tardou en materializarse este proxecto?

Tiven que documentarme moito sobre o tema. Polo menos tardei uns oito meses. Fixen varias entrevistas e visitei varias veces Nebra (Porto do Son) para informarme. Tomando esta historia e a do pobo galego coma base, dándolle un toque de ficción e matizando certos personaxes foi como fun dando forma á curta.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

16 oct 2012 / 21:09
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito