Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 diciembre 2022
09:01
h

Máxima Full Services gaña o concurso de Madrid

    Ames. A empresa de seguridade ubicada no Milladoiro, Máxima Full Services, foi a gañadora do concurso de auxiliares informadores, posto en marcha polo Concello de Madrid, para a xestión de varios eventos durante o Nadal. A compañía amiense resultou a escollida de entre un total de 10 firmas que se presentaron, entre as que había outra galega. Arrancaron a actividade o pasado día 20 e rematarán o 7 de xaneiro. "Agora mesmo hai un total de 20 auxiliares traballando" e o día da Cabalgata, acto que tamén xestionarán neste senso, "serán cincuenta", explicou Juan Blanco, director xeral de Máxima Full Services.

    Esta empresa galega ofrece servizos de controladores de acceso, acompañamento a particulares, azafatas, auxiliares e servizos de limpeza, mantemento e xardinería.

    23 dic 2019 / 22:39
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito