Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 08 agosto 2020
19:17
h

Medio cento de nenos de entre 4 a 14 anos participan no Campus de Verán do Cordeiro C.F.

A actividade, na que colabora o Concello, desenvólvese dende o luns no complexo deportivo de Campaña // Trata de fomentar a práctica deportiva e tamén valores como o compañeirismo e o xogo limpo

    O Campus de Verán que organiza o Cordeiro C.F. conta coa participación de case medio cento de nenos de entre 4 e 14 anos de idade. A actividade, que conta coa colaboración do Concello, desenvólvese dende o pasado luns nas instalacións deportivas de Campaña e clausurarase o venres 28.

    Este campus, que cumpre a súa terceira edición, trata de fomentar a práctica deportiva, en concreto a do fútbol, entre os máis novos, pero tamén incentivar a súa responsabilidade e os valores da convivencia, o compañeirismo, o xogo limpo ou os bos hábitos alimentarios, entre outros

    Todo isto a través de actividades de carácter eminentemente lúdico e menos esixentes que durante a temporada, co obxectivo de que os rapaces o pasen ben xuntos, convivan con outros compañeiros de diferentes idades e aprendan a respectarse.

    O luns e o martes, realizaron no complexo de Campaña adestramentos e outros xogos para axudar aos nenos a desenvolver e mellorar os fundamentos técnicos e tácticos do fútbol, tanto a nivel colectivo como individual. Hoxe, debido á chuvia, as actividades trasladáronse ao Auditorio Municipal onde, por exemplo, se proxectaron algúns vídeos.

    27 jun 2019 / 00:09
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito