Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Medio Rural destinará tres millóns á mellora xenética das frisonas

José Gonzalez anunciouno na súa visita á poxa de xovenca na Semana Gandeira de Mazaricos

O conselleiro do Medio Rural, José González, participou onte na apertura da poxa de xovencas, celebrada no marco da Semana Gandeira de Mazaricos. Alí destacou a importancia da mellora xenética do gando frisón co fin de obter unha boa calidade do leite, o que redunda directamente nunha maior solvencia económica e rendibilidade para as explotacións gandeiras.

Na súa visita, González, que estivo acompañado do delegado territorial Ovidio Rodeiro, destacou que a Consellería investirá tres millóns de euros ata o ano 2023 na mellora da calidade xenética desta raza bovina a través do control do rendemento leiteiro, dentro do Programa galego de selección e mellora da raza Frisona que leva a cabo a Consellería xunto co Centro Galego de Control Leiteiro (Cegacol).

Finalmente, o titular de Medio Rural subliñou que o control leiteiro oficial "ten unha influencia clara e directa no porvir do sector lácteo galego"

Sinalar que na poxa celebrada onte en Mazaricos participaron un total de 23 xovencas da raza Frisona e repartíronse máis de 2.000 euros en premios.

As actividades desta semana gandeira comezaron cun obradoiro de produtos lácteos impartido por Lideira Ferreras do Laboratorio Lácteo Gallego.

O sábado tivieron lugar as xornadas técnicas nas que se avaliaron as novidades no programa de selección da raza Frisona, a mellora da eficiencia no uso do xurro como fertilizante, o uso da enerxía fotovoltaica nas granxas e tamén a a posta de Abanca pola sustentabilidade do sector. Ademais, os asistentes participaron nunha mesa de degustación de produtos de Casa Grande de Xanceda.

O ciclo de conferencias complementouse con obradoiros de estampado de camisetas e trenzado de Sancosmeiros, unha degustacións de balde de Bico de Xeado e unha merendola. Tamén se habilitou un recinto feiral polivalente con actividades para os máis cativos e un touro mecánico.

Ruta de tapas

•••Como complemento a todas as actividades desenvolvidas ao longo da semana, once locais hostaleiros do Concello de Mazaricos sumáronse este ano a unha ruta de tapas baseadas en produtos lácteos e cárnicos. Foron moitos os veciños e visitantes que o venres e o sábado deleitaron aos seus padais coas exquisitas propostas gastronómicos. Os máis afortunados incluso poderán desfrutar de dous cheques de 50 euros para gastar nos locais da villa, que foron sorteados entre aqueles comensais que consumiron alomenos en tres locais de tres parroquias.

01 dic 2019 / 21:22
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito