Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Medio Rural mellorará o vial de Herbogo a Rubieiro

ROIS O conselleiro do Medio Rural, José González, reuniuse onte pola mañá co alcalde de Rois, Ramón Tojo, para avanzar na mellora das infraestruturas rurais deste municipio coruñés. En concreto, no encontro falouse da posibilidade de impulsar a rehabilitación do vial que une os lugares de Herbogo e Rubieiro. A reunión entre o titular de Medio Rural e o rexidor serviu, tamén, para avaliar as necesidades do agro no Concello de Rois. Para falar deste temas, no encontro tamén estivo presente, ademais, o director xeral de Planificación e Ordenación Forestal, José Luis Chan, así como técnicos da Consellería, según a información facilitada polo departamento autonómico. A súa saída Tojo agradeceu o interese da Xunta polo seu concello.

14 ene 2020 / 20:55
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito