Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
elos de lectura

Memorias da vaca caníbal

Marilar Aleixandre ofrece unha lectura moi pracenteira a través do relato dunha vaca rebelde, crítica e moi divertida

Vén de se publicar unha nova obra de Marilar Aleixandre (Madrid, 1947), A vaca caníbal, incluída na colección "árbore/galaxia" e ilustrada por Enjamio (La Habana, 1964). Neste relato pensado para o lectorado adolescente, pero que pode ler tamén o adulto, Brensa, a vaca protagonista, conta en primeira persoa como se desenvolve a vida na aldea, o seu proceso de aprendizaxe desde que é unha xovenca, a relación cos rapaces da familia, as trasnadas, os consellos de súa nai e tamén os castigos recibidos.

Todos estes aspectos configuran unhas memorias de infancia do animal totémico de Galicia, o que nos lembra as poucas obras literarias infantís e xuvenís que o teñen como protagonista, se exceptuamos casos como A marela Tarabela (1976; Galaxia, 2004), de Xosé Neira Vilas e algúns títulos máis.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

 

21 ene 2013 / 19:14
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito