Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 16 mayo 2022
20:22
h

‘Memorias dun neno labrego’, o libro en galego máis lido cumpre 55 anos

A RAG lembra ao creador de Balbino, Xosé Neira Vilas, que desde hoxe lle dará nome ao auditorio da Biblioteca e o Arquivo de Galicia do compostelán Gaiás por iniciativa de Cultura

O 5 de xaneiro de 1961 é un día grande na historia editorial de Galicia, concretamente na Galicia da diáspora. Ese día saíu do prelo, en Buenos Aires, Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas, relato que é un fito na narrativa do século XX galego. Co gallo do falecemento do autor (27-11-2015), foron varios os críticos e os xornalistas que concordaron ao afirmaren que as Memorias é o libro en lingua galega máis reeditado e traducido; tamén un dos máis estudados e escenificados. A Real Academia Galega (RAG) hónrase evocando a gloriosa data do 5 de xaneiro de 1961 e lembra con emoción a Xosé Neira Vilas, académico numerario da institución desde 2001 e colaborador habitual ata a súa morte nas páxinas de Opinión de EL CORREO GALLEGO.

Memorias dun neno labrego

editouse por primeira vez na capital arxentina, onde Neira Vilas descubriu "a personalidade histórica e o signo diferencial do noso país", e onde abrollou a súa latente vocación literaria, lembraba no seu discurso de ingreso na RAG, dedicado precisamente á cultura galega en Buenos Aires entre os anos 50 e 60.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

04 ene 2016 / 22:21
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito