Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O Mercado da Estrela trasládase a Cervantes

    O concelleiro de Festas, Gonzalo Muíños, presentou onte a oitava edición do Mercado da Estrela, que se celebrará este ano na praza de Cervantes, entre os días 20, 21 e 22 de decembro. Estivo acompañado da directora do Mercado da Estrela, Mónica Mejías, da empresa Correveydile; e da xerente da Fundación Pública Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro. En palabras do concelleiro, "será unha excelente oportunidade para pasear, mercar regalos orixinais e para descubrir unha vez máis todo o talento e a creatividade dos artesáns e artesás cos que contamos en Galicia. E todo isto acompañado de actividades diversas, música, e gastronomía. Baixo o lema Agasalla talento galego, o Mercado da Estrela é un punto de encontro na cidade para as compras, as apertas e os brindes previos a Noiteboa.

    Os asistentes poderán descubrir o traballo das persoas creadoras de Galicia e mercar orixinais e innovadores agasallos mentres gozan dunha ampla programación de balde con concertos, picadiscos, obradoiros creativos, accións sobre sostibilidade e actividades en diferentes espazos da cidade. Artesanía de Galicia, moda, edición, ilustración, decoración, últimas tendencias, talleres, xogos, foodtrucks, deliciosos petiscos e moita música nun mercado con infinidade de sorpresas por descubrir. A entrada será gratuíta para os visitantes que se acheguen ao festival buscando gozar dunha fin de semana de compras.

    02 dic 2019 / 22:21
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito