Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Moción do BNG para apoiar o acto mundial sobre o clima con medidas reais ambientais

Goretti Sanmartín quereabrir o debate do que se pode facer desde o concello de Santiago

    Santiago. A portavoz municipal do BNG, Goretti Sanmartín Rei, anunciou onte que presentará unha moción sobre a emerxencia climática e o apoio á mobilización do 27 de setembro polo clima, para abrir o debate do que se pode facer desde o Concello de Santiago en colaboración co movemento ecoloxista para concienciar a poboación.

    Segundo explicou arredor do ecoloxista, da defensa do ambiente e do territorio hai moita retórica "baleira e hipocrisía" e insisteu en que logo hai que ver o que se fai na práctica, os recursos que se dedican e o que se inviste nesa materia. O BNG entende que hai que tratar a crise climática nunha tripla dimensión, no global onde se fala do incremento da temperatura, cos incendios e coa destrución da biodiversidade, no que se insire esta mobilización do 27 de setembro para concienciar a poboación; e tamén cunha "perspectiva galega" en que o BNG xa leva tempo a sensibilizar de que Galiza é fornecedora de materias primas cunhas "políticas nefastas" porque deixan os residuos, coa megaminaría, con falta de política forestal e onde é preciso desenvolver un novo marco normativo en colaboración co movemento ecoloxista para loitar con eficacia contra a emerxencia climática. No ámbito local, o BNG entende que Santiago debe ser pioneira en políticas ambientais e ecoloxistas. Sanmartín referiuse así á situación da estación depuradora ou do vertedoiro de Miramontes, entre outras cuestións. Tamén pediu unha planta de compostaxe para a capital galega.

    16 sep 2019 / 21:58
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito