Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Os mortos daquel verán na provincia

Trescentos concelleiros e alcaldes foron represaliados a raíz do golpe do 36 // O 38 % foron asasinados, 25 deles por pena de morte // Houbo 30 exiliados

En xullo de 1936, Alejandro Porto Leis fuxiu do concello de Serantes, no que era, alcalde e escondeuse no monte. Alí estivo dous meses oculto, ata que enfermou e pediu axuda a un médico que o delatou. Acabou executado na praia da Frouxeira xunto cos labregos que o axudaron. Os falanxistas que cometeron os asasinatos enterraron supostamente os restos nunha fosa común aínda descoñecida. Ánxel Casal era o alcalde de Santiago cando foi detido o 4 de agosto do 36. O seu corpo aparecería 15 días despois nun foso na estrada de Cacheiras. Sobre o alcalde de A Coruña Alfredo Suárez Ferrín caeu unha condea de morte. A execución chegou o 31 de agosto no Campo da Rata. Como relata Os mortos daquel verán de Carlos Casares, o golpe franquista daquel 36 sementou Galicia de sangue. Conmemorouse o pasado xuño o 40 aniversario das primeiras eleccións da nova democracia. Pero a Transición logrouse grazas á infinita comprensión dos represaliados.

O informe elaborado pola Deputación de A Coruña, co grupo de investigación Hispona da Universidade de Santiago de Compostela, indica que 300 concelleiros e alcaldes da provincia foron represaliados a raíz do golpe militar. O 38 % acabaron mortos violentamente, asasinados ou executados por pena de morte. Un 26 % foron encarcerados, o 17 % procesados, o 8 % sancionados. E o 11 % optaron polo exilio ou por fuxir ao monte. Este proxecto Xeración Perdida. Representatividade institucional republicana e represión na provincia de A Coruña pretende "recuperar a memoria das corporacións republicanas que fixeron fronte ao golpe militar do 36". E recolle información sobre os 94 municipios da provincia existentes naquel ano, algúns extintos como o caso de Serantes que se fusionou despois con Ferrol.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

28 oct 2017 / 21:09
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito