Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 02 junio 2020
22:22
h

Mostra póstuma á luz e á cor do pintor José Ramón

A exposición está aberta ó publico no centro Marcos Valcárcel de Ourense // Destaca o figurativismo do finado artista coruñés

“A pura luminosidade do pintor da luz e da cor” é a definición que Rosendo Fernández, director do centro cultural Marcos Valcárcel apuntou sobre a mostra A alegría da cor, unha exposición póstuma do pintor José Ramón, que desde onte está aberta ó publico neste recinto de Ourense.

O artista, falecido a finais do pasado ano, e 2015, cando estaba a rematar os preparativos desta mostra, que o centro Cultural mantén coma unha homenaxe ó autor. A presentación da exposición tivo lugar na mañán de onte, nun acto no que participou o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o director do Centro Cultural, Francisco González, a viúva do artista, Teresa Agra, e o seu fillo, José Ramón.

No momento da inauguración, Lorenzo Fernández suliñou que “esta obra, como describe no catálogo, causáballe a José Ramón alegría e angustia, un binomio de dous termos moi opostos que teñen para nós moito valor, porque esta bipolarización non se deu moitas veces nas exposicións que aquí estiveron”.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

23 jun 2016 / 00:00
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito