Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Muiños e a nova xerente de Sea Suelo visitaron o parque empresarial de Té

Analizaron algunhas das demandas e dos proxectos das firmas asentadasa nel

Beatriz Sestayo, nova xerente da empresa pública Sea Suelo, xestora de varios parques empresariais, entre eles o de Rianxo, realizou a semana pasada a primeira visita ao parque de Té. Acompañada do alcalde, Adolfo Muíños, de Mari Carmen Figueira, e do responsábel comercial fa firma, José Rey, realizaron unha visita a algunhas das compañias abertas nestes momentos. Durante o percorrido analizaron proxectos en marcha “que con seguridade serán realidade en vindeiras datas”, sinalou o rexedor.

Desde o Concello trasladouselle á empresa a demanda dalgúns empresarios de naves modulares de alugueiro ou axuda na procura de fórmulas de realizar actuacións públicas. Tamén coñeceron as dúas parcelas de equipamento público, unha delas coincidiron idónea para a implantación dunha nova escola infantil.

Outro dos temas que trataton foi a necesidade de mellorar a sinalización na autovía do acceso ao polígono, “unha vez seguen negando instalacións de sinais anunciadores na autovía do Barbanza malia terse requirido en varias ocasións desde o Concello”, dijo. Ambas as partes manterán o contacto fluído.

08 jul 2019 / 22:30
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito