Santiago
+15° C
Actualizado
viernes, 10 julio 2020
02:21
h

A música de Mozart, Händel e Verdi inundará este xoves San Martín Pinario

A Orquestra Sinfónica do Conservatorio de Santiago e o Coro Xuvenil da Ópera do Rhin únense en concerto para interpretar obras memorables

É a súa unha unión con vocación de amizade e de música. Os integrantes da Orquestra Sinfónica do Conservatorio Profesional de Santiago de Compostela viaxaron a Estrasburgo para tecer e destecer melodías cos membros do Coro Xuvenil da Ópera do Rhin. Os resultados foron notables. Agora están todos en Santiago e traen na mochila, ademais dunha afinidade e compenetración tanxibles, un precioso ramo de pezas musicais conmovedoras. É unha unión en concerto que poderemos gozar este xoves en Compostela nun lugar marabilloso, o mosteiro de San Martín Pinario. Será ás 20:00 horas e as reservas ou entradas poderán ser adquiridas no Espazo Cultural do propio mosteiro ou en ticketea neste enlace.

A orquestra, integrada por alumnos e profesores do Conservatorio compostelán, estará conducida pola sabia batuta de Carme Ferreiro, e o Coro de Ópera do Rhin (Coro Maîtrise de l’Opéra national du Rhin)será dirixido porLuciano Bibiloni. Contarán ambos co enorme talento da solista Noa Outumuro e do volinista Emiliano Sánchez Velazco. E todos xuntos deixarán momentos musicais especiais con pezas comoCroesus (Reinhardt Keiser);Rejoice greatly (do Mesías de Händel) (solista: Noa Outumuro González);Concerto nº 8 violin (III. Allegro moderato) Spohr (Solista: Emiliano Sánchez Velasco);Alzai le flebili voci al Signor (do Davidde Penitente de Mozart) (Solista: Noa Outumuro González);Lacrimosa (do Requiem de Mozart);Liberame (do Requiem de Verdi) (Solista: Noa Outumuro González);Worthy is the Lamb (do Mesias de Händel);Amen (do Mesias de Handel);Hallelujah (do Mesias de Händel).

As imaxes que acompañan este texto foron tomadas no concerto que as dúas agrupacións ofreceron, con gran éxito, na Igrexa de San Nicolás, na Coruña, o pasado luns.

17 abr 2019 / 14:10
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito