Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
Tribuna libre

Na defensa dos traballadores sanitarios

    ESTES DÍAS TOCOUME vivir o colapso dos Servizos de Urxencias dos hospitais galegos do outro lado, como usuaria e tamén como integrante da oposición no Parlamento. Pero non hai moito tempo, apenas ano e medio, que formaba parte desa rolda infernalna que se acaban convertendo as quendas de traballo das traballadoras e traballadores sanitarios. Por iso sei ben do que falo cando falo da desagradable sensación de absoluta mecanización do noso labor. Adicámonosa correr dun lado para outro,sen demasiada conciencia das nosas tarefas e da vulnerabilidade das persoas detrás das cifras.E entón chega o estrés, as baixas e oesgotamento, moitas veces silencioso. Ata acabarasumindo cunhacerta"normalidade" o que debera ser completamente excepcional.

    A excepción faise na regra, e a alienación e a mercantilización das nosas vidas convértennos en obxectos ansiosos de eficiencia e produtividade, de volta á cadea de montaxe tras unha rápida parada no taller, rodeadas de pacientes amoreados en corredores, listas deesperade máis de 24 horas por unha cama para ingresar, días de atraso en probas urxentes ou horas e horaspara recibir a primeira atención.

    Os motivos desta historia que se repite cada ano, cada vez con peores consecuencias, atopámolos no proceso de privatización dos servizos públicos que comezou na década dos90,pero que se acelerou de xeito progresivo co pretexto daestafa da desaceleracióneconómica. As fórmulas ensaiadas para o desmantelamento do público son múltiples, pero sempre teñen unha característica común: primar os intereses de parte sobre os colectivos. O negocio sobre os dereitos sociais.

    En Galicia, un dos exemplos máis claros deste modelo atopámolo en Vigo, no Álvaro Cunqueiro, pero non é nin moito menos o único. Aperda de persoal, o aumento da precariedade, a diminución do número de camas, a privatización de servizos como a cociña ou a redución progresiva do peso da atención primaria,son xa problemas estruturais que afectan ao conxunto do noso País.

    A situación decaos das Urxenciasresulta especialmente visible, pero tamén se fixo patente nas plantas de hospitalización ou nos centros de saúde.A desesperación aparece comoo trazo compartidoen todas as persoas que se atopan no medio de tal descontrol, xa sexan empregadas, acompañantes ou pacientes.

    Estas liñas pretendenvisibilizar e por en valor a todas as persoas que defenden a sanidade pública. Ás que poñen o servizo por enriba do beneficio. Ás que pasan quendas infernais coa intención de que a atención teña a maior calidade posible,e fan que os servizos continúen rodando sen quebrar; mais tamén ás persoas que agardan horas de espera interminábeis e sinalanaos verdadeiros culpábeis da situación, non descargando a responsabilidade sobre as traballadoras.

    En Galiza segue habendo quen resiste, se organiza e saen á rúa na defensa dos bens comúns. O 4 de febreiro temos unha cita ineludible,na que de seguro formaremosunha marea de xente que consiga frear as políticasinxustas e empobrecedorasdo PP.

    Porque precisamos unha sanidade pública e de calidade. As nosas vidas están en xogo.

    (*) A autora é deputadade En Marea

    16 ene 2018 / 21:34
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito