Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
RALI

Nace a I Subida a Dumbría con Senra Sport como organizador

    A Escudería Senra Sport organiza esta fin de semana a I Subida a Dumbría, unha proba que forma parte do Campionato Galego de Montaña 2019. "Estamos moi satisfeitos, o trazado da proba é moi atractivo e esperamos que tanto os pilotos como o público pasen un gran fin de semana en Dumbría", asegura Manuel Senra, fundador de Senra Sport, campión do Campionato Galego de Rali entre 2001 e 2005. Os adestramentos oficiais comezarán o sábado ás 15.30 horas e a primeira manga oficial será ás 17.30 horas. A subida discorrerá pola estrada que une os lugares de Olveiroa e Hospital, ambos no Concello de Dumbría.

    05 jun 2019 / 20:45
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito