Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
Festa da Dorna

Nace 'MercaDorna', selo oficial do novo 'merchandasin' dorneiro

Usuarios de Ambar fixeron os orixinais artigos que se venderán sobre a desenfadada festa de Ribeira // Felpudos, diademas e ata escapularios de Santa Uxía 'customizada' texto Suso Souto

A Festa da Dorna de Ribeira quenta motores. Os organizadores da cita turística máis agardada do calendario estival da localidade non deixan de sorprender en cada edición. E nesta non ían ser menos. A nova directiva, que preside Eduardo Iglesias, puxo en marcha unha canle de venda de artigos dorneiros, a través de postos autorizados, marcados co nome de MercaDorna, en distintos establecementos colaboradores ca festa no concello.

Ca intención de ter o control sobre os productos dorneiros que se comercialicen, a cofradía marcará ca etiqueta Ofisial os productos dorneiros en venda, elaborados por usuarios da asociación de persoas con diversidade funcional Ambar e por varios artistas da zona. Entre os orixinais artigos figuran, por exemplo, o felpudo dorneiro, broches, carteiras, diademas, pendentes e mesmo un escapulario da patrona de Ribeira (Santa Uxía) customizada de dorneira. A organización anuncia que se ampliará a gama de produtos nos vindeiros días.

Todo aquel que queira elaborar produtos ca marca rexistrada da cofradía, como por exemplo a súa emblemática flor natural, terá que comunicarse ca directiva e cumplir as condicións que se puxeron este ano; de non ser así, tomaranse as medidas legais oportunas.

Por outra banda, a Cofradía da Dorna de Ribeira iniciará mañá a venda da sudadeira oficial que lucirán este ano as peñas e que será de cor amarelo. O proceso de venda vai sufrir cambios con respecto ós últimos anos, xa que desta vez serán os membros da directiva os que, nun posto ubicado diante do palco de pedra do Malecón, venderán as prendas durante as vindeiras semanas (concretamente os días 21, 25, 27 e 28 de xuño, en horario de mañá, excepto o día 27, que será pola tarde). Os socios do colectivo terán un desconto dun euro.

A Festa da Dorna, que alcanza a súa edición número 66, celebrarase do 18 ó 24 de xullo.

19 jun 2014 / 22:05
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito