Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Nace Sermos Galiza, nova plataforma dun semanario impreso e dun diario dixital

    Un día despois de que a RAG chamara ao debate socal por mor do peche encadeado de medios de comunicación en galego, Galicia Hoxe o último deles, anunciábase en Santiago a constitución de Sermos Galiza. As promotoras e promotores desta iniciativa cidadá –á procura xa duns 3.000 socios e accionistas que sustenten o proxecto– consideran “urxente o nacemento dun grupo de comunicación que responda ás necesidades informativas do noso país no século XXI, unha iniciativa sólida, colectiva e plural (...), referente informativo dos intereses da nación galega”. O proxecto, aínda que sen limitacións, segundo afirman, aspira a comezar xa neste ano “cun diario dixital e un semanario en papel”. Atrás da andaina informativa figuran os nomes de Marga Romero, Néstor Rego, María Reimóndez, Manuel Mera, Teresa Moure, Nemesio Barxa, Manuel Vilar, Xurxo Souto, Xosé R. Freixeiro Mato, Xosé Lois O Carrabouxo, Marica Campo, Olalla Rodil e Francisco Carballo.

    01 jul 2011 / 22:51
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito