Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A narrativa de Inma López Silva recibe o premio da Ínsua dos Poetas 2016

A elección foi acordada por unanimidade dos membros do xurado

A escritora compostelana Inma López Silva foi elixida onte polo xurado como premiada pola Fundación Ínsua dos Poetas, qiue otorgoulle o recoñecemento pola súa creación literaria.

O xurado cualificador desta edición estivo composto por Luís González Tosar (presidente), Domingo Manuel Calvelo Iglesias (Vicepresidente) Xabier Castro Martínez (secretario), Antonio Piñeiro Feijoo, Antón Pulido Novoa, Celso Sánchez González, Xosé Ricardo Rodríguez Pérez, Víctor Campio Pereira e Acisclo Manzano.

O xurado determinou que Inma López Silva leva facendo seus, ao longo de vinte anos, os principios que fundamentan esta Insua dos Poetas: creatividade acorde coas correntes máis avanzadase da vangarda na escrita e fidelidade á lingua galega, así como a defensa do medioambiente e da liberdade de expresión.

A obra de López Silva foi definida ademáis polo xurado como unha das grandes contribucións a unha maior presenza das escritoras galegas nas institucións e en todos os segmentos da nosa sociedade.

••• Pola promoción da cultura galega no exterior, foi galardonada a Hermandade Gallega de Venezuela, nacida en 1960 .

••• Pola conservación do patrimonio e medio Ambiente correpondeulle o premio ó centro de e Estudos Chamoso Lamas e ó seu president Xosé Luis Sobrado.

••• O Premio a Acción Económica e Sociala prol da Culturfoille concedido a Adegas Cachín da Abeleda, A Teixeira, na Ribeira Sacra ouerensá emopi especielmente ó viticultor César Enríquez vinculado á marca Pazo do Rei.

15 jul 2016 / 22:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito