Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
IMAXES DELICADAS E LIMPAS

Naturalidade e elegancia en ‘Pastel Glam’

A estilista galega Amparo Fernández, do salón La Pelu, saborea o éxito da súa primeira colección, con catro modelos base que destacan pola súa elegancia nun xogo de volumes e a fusión de texturas, cores e formas, influenciados polas obras de Gaudí

Apaixonada, vital e creativa, Amparo Fernández leva 23 anos metida de cheo no mundo da moda capilar da man do seu salón, La Pelu, situado en Cabo de Cruz, e onde volca todas as súas inquedanzas.

 Descubriu a súa vocación ós 15 anos e dende entón non parou de formarse, adaptarse ós tempos e experimentar, conseguindo facerse un oco no mundo da peluquería, con presenza destacada en certames internacionais e varios galardóns, ademais de colaborar asiduamente en producións audiovisuais, moitas delas relacionadas coa moda.

A súa última aventura é a creación da primeira colección de peiteados chamada Pastel Glam, que destaca pola súa naturalidade e elegancia, con recollidos nos que prima o xogo de volumes e a fusión de texturas, cores e formas, creando imaxes delicadas e limpas, con catro estilos base, claramente influenciados polas obras modernistas de Gaudí, que para Amparo Fernández son todo un referente.

Así, Lady Moka representa un estilo que se achega ó romanticismo máis puro, mentres que Chantelle, pola súa banda, encaixa máis nos cánones do estilo neopunk, e Praliné representa unha evidente tendencia futurista.

O círculo péchase con Chocolat, ó máis puro estilo da princesa Leia, da célebre Guerra das Galaxias, que representa a muller audaz, con personalidade e comprometida cos tempos actuais.

 

 

NOTICIAS 'FASHION'


As saias longas toman a rúa
Empezaron a deixarse ver o verán pasado e esta primavera asaltarán directamente as rúas, presentándose en todas as cores, especialmente en ácidas ou claras, e en todas as formas. Saias longas, fundamentalmente ata os nocellos, aínda que tamén ata o chan, en formas plisadas, con vó ou tubo, en estampados coma cadros ou flores, para levar con botíns, peeptoes ou sandalias romanas.

Diademas cheas de cor estival
As diademas cobraron máis auxe que nunca nas últimas temporadas, é a tónica segue para este verán, que segue apostando por este complemento práctico, coqueto e ideal para variar o look. Entre elas, destaca a colección de Accessorize, bonitas e con colorido de verán, con moitas combinacións de estampados e detalles para combinar con melenas ou moños.

‘Miracle’, o ‘fond de teint’ de Lancôme
Miracle, o novo fond de teint de Lancôme, entre un maquillaxe clásico e un iluminador, é un dos produtos de beleza claves desta temporada. Proporciona luz ó rostro grazas a unha nova xeración de pigmentos capaces de recrear a luz orixinal da pel, azuis e rosados, para achegar frescor e vitalidade. Un proceso que permite reducir a cantidade de pigmentos opacos que saturan o cute.

  

25 feb 2011 / 13:13
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito