Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 26 octubre 2020
09:00
h

Negreira, capital do debate

Un dos equipos do instituto Magariños voltou a gañar o certame galego do Servizo de Normalización Lingüística // O Concello fretou un bus de apoio

No instituto Xulián Magariños de Negreira estudan alumnos que xa atesouran vitorias en dous certames a nivel galego do Club de Debate (o de 2016 e o actual). Cal é o segredo destes rapaces e os seus compañeiros? Pois segundo María Blanco, a docente encargada do conxunto gañador, son varios: as gañas da mocidade, a adicación das preparadoras Ana Barrientos, Cheché Carballo e Aixa Permuy –ela tamén, madia leva– e un chisco de sorte, “como a que supón participar no primeiro debate da mañá, porque segundo van pasando os cruzamentos, aumenta o nivel”. Pero hai máis. Tampouco se esquece do compoñente número once do grupo: os amigos, familiares e o membros do outro equipo, que nas últimas edicións asistiron cun autobús do Concello á final.
Pero, por suposto, os alumnos tamén teñen moito que dicir... e sen remorsos: “Penso que tivemos un punto de inflexión cando me liei nunha argumentación e paseime do tempo, polo que nos restaron puntos”, lembra Alejandro sobre un dos debates nos que participou él este mesmo ano. Os seus compañeiros anímano, e percíbese ben a camaradería. Tanto é así que un dos intres máis emotivos da entrevista chegou no retrinco no que os rapaces tomaron conta de que dúas das súas compañeiras de éxitos, Fátima e Alba, xa non voltarán a presentarse... porque este ano pasarán de nivel nos seus estudos de Secundaria. “Deunos morriña”, din as dúas.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

16 may 2017 / 00:00
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito