Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
elos de lectura

No espazo do marabilloso

Despois da reedición de O misterio das badaladas o pasado ano, Edicións Xerais de Galicia reedita agora outra obra de Xabier P. Docampo (Rábade, Lugo, 1946) e Xosé Cobas (Logrosa, Negreira, 1953). Trátase de A nena de auga e o príncipe de lume, publicada novamente dentro da colección "Merlín". Con todo, á diferenza dos exemplares anteriores, nesta quinta edición, a obra estrea grandes modificacións tanto na parte textual coma na ilustrativa.

Publicada por primeira vez en 1989, A nena de auga e o príncipe de lume é un libro infantil composto por contos individuais, que se estruturan co mesmo procedemento compositivo, isto é, todas as historias presentan un conflito inicial, representando por dous estados opostos, que é solucionado pola transformación e poder da esfera do marabilloso. Ese recurso formal é ben visualizado no conto de abertura, A nena de auga e o príncipe de lume, que non só por coincidencia confire título ao libro. 

Más información en El Correo Gallego en Orbyt

09 jul 2012 / 20:57
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito