Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Noelia Carnota gaña na categoría cadete a fase comarcal do Campionato escolar de campo a través

A alumna do CPI San Vicente da Baña competirá no mes de xaneiro na fase intercomarcal que se celebrará en Noia // Máis de 700 alumnos competiron esta mañá na Baña

A alumna do CPI San Vicente da Baña Noelia Carnota foi esta mañá a mellor na categoría cadete na fase comarcal do Campionato escolar de Campo a través que organiza a Secretaría Xeral para o Deporte a través da Fundación Deporte Galego en colaboración coa Federación Galega de Atletismo e o Concello da Baña. Noelia Carnota conseguiu unha praza na fase intercomarcal que se vai celebrar no mes de xaneiro en Noia.

Esta mañá na Baña déronse cita algo máis de 700 alumnos de catro categorías, de benxamín ata cadete, tanto masculinas como femininas, que estiveron correndo nas inmediacións do CPI San Vicente nun circuíto habilitado para estas probas.

Nesta fase comarcal conseguían praza para a intercomarcal de Noia os tres primeiros atletas en cada categoría e os dous primeiros equipos. No caso da Baña, só Noelia Carnota conseguiu clasificarse.

A concelleira de Cultura e Deportes, Mónica González, foi quen lles entregou as medallas aos tres primeiros clasificados de cada categoría.

08 dic 2019 / 22:18
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito