Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
NOIA

Noia organiza para este domingo unha master class de zumba na alameda

    O Concello de Noia, en colaboración con Zumba Noia, organiza este domingo 1 de setembro, ás oito e media da tarde, unha master class de zumba na alameda. O evento, que foi presentado polas concelleiras de Deportes, Laura Salgado, e de Ensino, Mariola López Cierto, canda Luis González Blanco, un dos instrutores que participarán na xornada, terá unha duración aproximada de hora e media. Nel participarán os monitores de dita modalidade deportiva Luis González e Luisa Arufe Salazar, así como o mediático Seluco Fernández, galego afincado en Castellón e coñecido polas súas colaboracións en TVE. Fernández é monitor titulado de zumba, zumba toning, aqua zumba e zumba kids + kids jr. "Convidamos a todos os veciños e veciñas a que se acheguen o domingo pola alameda noiesa a desfrutar dunha actividade deportiva e saudable que de seguro lles vai gustar moito", apuntou Salgado na presentación. Para poder participar na clase non é preciso inscrición nin pagar, pois é aberta e totalmente gratuíta; simplemente acudir ás oito e media da tarde ó citado lugar cunha roupa e calzado axeitados.

    28 ago 2019 / 20:59
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito