Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Nokia volve aos smartphones

O novo smartphone da marca Nokia funcionará con Android e venderase a través de JD.com

A compañía que se fixo coma marca Nokia, HMD Global Oy, non quixo esperar ao Mobile World Congress paraanunciar o seu primeiro smartphone, o Nokia 6, que chegará inicialmente ao mercado chinés durante a primeira metade de 2017, procurando así recuperar a imaxe de Nokia como fabricante de produtos cun bo deseño, materiais de calidade e boa construción, o que parecen deixar claro co seu prezo de venda, queserá de 1.699 iuans(232,92 euros), o que parece bastante elevado para un dispositivo comercializado en China e sen precedentes.
Dende HMD aseguran que a calidade da fabricación do Nokia 6 percibirase claramente, especialmente polo coidado na elaboración do seu corpo de aluminiounibody, que acolle unha pantalla IPS Full HD de 5,5 polgadas con Gorilla Glass 2.5D, procesador Qualcomm Snapdragon 430 (cun modem LTE X6), 4 GB de RAM, 64 GB de almacenamento interno, cámara traseira de 16 Mpíxeles e frontal de 8 Mpíxeles (ambas cunha apertura de f/2.0), altofalantes de grande potencia (cun dobre aplificador de 6 dB e Dolby Atmos) e sistema operativo Android 7.0, co que presume de acadar unha grande autonomía. Polo momento Nokia limitará a súa distribución a unha única tenda en liña.

10 ene 2017 / 03:07
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito