Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Nomean Fillo Predilecto da provincia ourensá a Alfredo Conde Cid

O pleno da Diputación recoñece así a frutífera traxectoria literaria e vital do escritor allaricense

O pleno da Corporación provincial de Ourense aprobou onte o nomeamento do escritor Alfredo Conde Cid como Fillo Predilecto da provincia de Ourense, galardón que otorga "como recoñecemento do noso pobo a un destacado veciño, cuxa frutífera traxectoria literaria e vital o sitúa como un dos escritores máis insignes que deu o noso país", especifica o documento de aprobación.

O expediente de honra, do que foi instrutor o deputado provincial César Fernández, recolle que Alfredo Conde naceu en Allariz a principios de xaneiro de 1945 no seo d­unha familia acomodada que mostraba un gran interese, tanto pola cultura como polo amor á terra. Do seu pai, Cesar, galeguista recoñecido, recibiu unha profunda influenza en todo aquelo que tiña que ver co noso idioma e coa nosa identidade.

Alfredo estudou na Escola Superior de Náutica na Coruña e na Universidade de Santiago de Compostela. Ao longo da súa vida, traballou na mariña mercante e como profesor en varios colexios. Exerceu tamén nalgún intre como libreiro e debuxante, sendo no ámbito literario onde máis ten destacado e o que o leva a ser un dos autores de maior proxección internacional das letras galegas contemporáneas.

Por toda esta destacada obra literaria ten acadado varios premios e distincións, como por exemplo os premios da Crítica Literaria Española e de Galicia (1981), Premio Banco Amor (1984), o Premio Nacional de Literatura (1986), o Premio Nadal (1991). Tamén lle concederon a distinción de doutor en letras pola Latrube Univertity of Melbourne (Australia), o Premio Internazionale Civilta delle Minorancia, a distinción de Cabaleiro da Orden das Artes e das Letras de Francia ou tamén o Gran Cordón da Orden do Mérito, concedido polo Goberno de Caracas (Venezuela).

Tamén é de destacar a súa labor como articulista e colaborador en medios de comunicación como EL CORREO GALLEGO, El País, Diario 16, ABC, Le Monde, entre outros. Polos que recibiu os premios nacionais de periodismo Fernández La Torre e Julio Camba.

CREADOR

Libros Ten cultivado a novela, o relato e a poesía, polo que se lle considera un dos máis importantes expoñentes do renacemento en literatura galega producido ca restauración democrática. Entre a súas obras podemos destacar: Momentos de vivos, Breixo, Memorias de Noa, Xa vai o grifón no vento, O contubernio, Sempre me matan, Azul cobalto, Memorias inciertas del hombre lobo ou Hueso de santo.

28 feb 2020 / 20:47
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito