Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Non lembra os feitos o home que acoitelou a unha boirense

Sostén que non quería matala e que entrou "en pánico" porque ela o atacou primeiro

    A Audiencia Provincial xulga dende onte a un boirense de 40 anos acusado de homicidio por acoitelar ata a morte en 2017 a unha amiga coa que convivía, un crime polo que a Fiscalía pide para el doce anos e medio de prisión.

    A súa defensa argumenta que o home non era consciente dos seus actos debido ó elevado consumo de alcohol e drogas. O acusado declarou que foi a muller quen iniciou a pelexa e, aínda que recoñece que el a acoitelou, afirma que non lembra con claridade os feitos, dado que consumira grandes cantidades de cocaína e alcohol.

    Tamén declarou que a súa intención nunca foi matar á víctima, que era a súa "amiga" e a quen consideraba "coma unha nai".

    Ademais, lembrou que, cando se deu conta do que pasara, tratou de facerlle un torniquete e chamou ó 112 para pedir axuda. "Foi coma se pasase unha cousa e, de repente, outra, e non pasase nada polo medio", dixo ante o tribunal.

    En base ao seu relato, a muller "convertíase nunha persoa totalmente diferente" cando consumía ditas sustancias, algo que tamén fixo ese día, segundo el. "Poñíase moi agresiva", indicou. "Díxome que me ía matar e entrei en pánico", engadiu o procesado, quen asegurou que foi ela quen colleu un coitelo de grandes dimensións na cociña para ameazalo.

    09 dic 2019 / 22:45
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito