Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Normalización lingüística nas Escolas Católicas

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou onte pola mañá no acto de apertura da XIV Xornada de normalización lingüística das Escolas Católicas de Galicia. O encontro, que se desenvolveu ao longo do día de onte na sede do Consello da Cultura Galega, e no que tamén estivo a súa presidenta, Rosario Álvarez, diríxese a o profesorado de centros públicos, concertados e privados da nosa comunidade autónoma. O programa desta xornada ofrece propostas moi variadas, desde o relatorio de Clodio González sobre estratexias didácticas para coñecer a figura de Antón Fraguas ata unha mostra de experiencias dinamizadoras relacionadas con distintos eidos: a ciencia, a banda deseñada ou os xogos tradicionais, entre outros moitos.

23 nov 2018 / 23:01
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito