Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Nova fase de renovación de beirarrúas de Padín a Deán Pequeno, en Ribeira

Tamén se mellorarán os viais Agro do Areal e Carolo, en Palmeira, con máis de 60.000 €

    A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade licitou as obras de renovación de beirarrúas e pluviais na estrada autonómica AC-550 ao seu paso por Ribeira, entre Padín e Deán Pequeno, cun investimento de case 315.000 €.

    As empresas interesadas poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro día dous de setembro. Os traballos teñen un prazo de execución de tres meses.

    A actuación consiste na mellora e reposición de toda a beirarrúa deteriorada de dito vial, na súa marxe esquerda, no seu acceso á poboación, entre os puntos quilométricos 107+320 e 107+870, na avenida de Ferrol (principal entrada á cidade dende a autovía do Barbanza). Na súa marxe dereita actuarase entre os puntos 107+460 e 107+870.

    Os traballos inclúen a substitución do pavimento, colocando novas baldosas de formigón en branco ou gris e novos bordos. Poranse a cota do novo firme, as arquetas e os pozos de rexistro nas zonas de actuación, e modificaranse os pasos peonís actuais.

    Ademais, mellorarase a drenaxe, aumentando o número de sumidoiros no lado esquerdo, de modo que a separación entre eles sexa menor de trinta metros.

    Por outra banda, o Concello adxudicou á empresa Construcións Fermín Simal S.L., cun orzamento de 60.197 euros, a pavimentación e instalación de rede de pluviais na rúa Agro do Areal e no camiño Carolo, na parroquia de Palmeira.

    Ó concurso presentáronse 23 ofertas. O vial é de formigón e a súa rede de pluviais é deficitaria, mentres que a pista ten un firme de aglomerado asfáltico en mal estado e unha rede de pluviais deteriorada.

    13 ago 2019 / 21:33
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito