Santiago
+15° C
Actualizado
domingo, 09 agosto 2020
02:31
h

Novas aventuras de Astérix e Obélix en galego

A serie de aventuras en banda deseñada protagonizada polos galos Astérix e Obélix, creados por René Goscinny e o debuxante Albert Uderzo, segue a manter o seu éxito, traducíndose a moitas linguas, como é o caso da lingua galega da que se encarga Edicións Xerais de Galicia con tradución de Isabel Soto, Xavier Senín e Alejandro Tobar. Na última entrega Astérix. A filla de Vercinxetórix, creada polo guionista Jean-Yves Ferri e o ilustrador Didier Conrad, o lectorado volve gozar dunha nova aventura destes galos que no ano 50 a. C. se negaban a ser dominados polo lexionarios romanos nos reducidos campamentos próximos á súa aldea. Nesta ocasión Astérix e Obélix resolven a identidade dunha misteriosa adolescente que chega de noite á aldea escoltada por dous xefes arvernos e fuxida de Xulio César e os seus lexionarios. Quen será? Todo indica que é a filla do gran Vercinxetórix, vencido dous anos antes en Alesia.

verinesa@yahoo.es

01 dic 2019 / 00:00
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito