Novo curso en Rianxo da Uned Sénior
CLASES DE CANTO, MÓBILES, INTERNET, MÚSICA E COCIÑA. A concelleira de Educación e Normalización do Concello de Rianxo, Adelina Ces, informou que a UNED Sénior de dito municipio abriu xa o prazo para a preinscrición no segundo cuadrimestre. Rematará o vindeiro mércores día 26 de febreiro. As materias que se van impartir son as seguintes: canto tradicional e canto coral; iniciación aos teléfonos intelixentes e tabletas (módulo II); iniciación á informática e internet (módulo II); Cociñando para alimentarse ben-II; e práctica instrumental. As clases impartiranse de marzo a xuño durante dúas horas semanais. O prezo da matrícula é de cincuenta euros. Terán preferencia os maiores de cincuenta anos e os alumnos e alumnas que xa cursaron o primeiro cuadrimestre.