Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Novo saneamento nas casas de Santa María de Melide

Arrancarán as obras no mes de febreiro // Xa as adaptaron ás exixencias de Fomento

Para o vindeiro mes, a Xunta comezará as obras de saneamento na parroquia de Santa María, en Melide, tras adaptalas ás exixencias do antigo Ministerio de Fomento, agora de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana. O Goberno galego, a través de Augas de Galicia, investirá para tal fin máis de 116.000 euros. Contan co cofinanciamento do programa operativo FEADER 2014-2020.

Este sistema, con algo máis de 1,4 quilómetros de lonxitude, recollerá as augas residuais urbanas naquelas vivendas carentes deste servizo e a súa conexión á rede xeral existente na localidade.

Dita entidade poblacional conta na actualidade cunha rede de saneamento na área que discorre pola marxe esquerda da estrada N-547 en dirección a Santiago. Para mellorar esta situación, a intervención abarcará actuacións nas marxes esquerda e dereita da vía. Dende a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade explican que nesta zona "existen unhas vivendas situadas a unha notable diferenza de cota con respecto ás demais, polo que se proxectará outra obra á marxe deste contrato co fin de darlle unha solución axeitada ás súas características", apuntaron.

Hai que lembrar que o Goberno galego tamén ten previsto impulsar a conexión do polígono industrial coa EDAR melidense, uns traballos que están pendentes de que o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana emita un informe necesario, que foi solicitado en abril do ano pasado.

O Goberno central "debe emitir un informe no que precise as condicións do deseño da planta e as características de trazado do colector con respecto á estrada nacional á que afectan estas obras hidráulicas", explica a Xunta.

22 ene 2020 / 21:12
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito