Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
elos de lectura

‘O achado do castro’, as leas cómicas de mozos romanos

Recreación escénica dos amores prohibidos na antiga Roma a partir duns diálogos recheos de creatividade e humor

Manuel Núñez Singala (Lugo, 1963) é coñecido entre o lectorado xuvenil polos suculentos relatos de Menú de enganos e a lograda peza teatral Comedia bífida, na que, desde a comicidade, fixo aguilloar conciencias en relación á diglosia existente na sociedade galega. Para os andeis da literatura dramática xuvenil tamén recuperou en 2014 O achado do castro, que a Editorial Galaxia incorporou á súa colección "Costa Oeste", logo de ser publicada por Sotelo Blanco Edicións en 1991.

As orixes de O achado do castro sitúanse nunha función estreada en 1983 polo grupo de teatro do Instituto de Bacharelato Basanta Silva de Vilalba, do que tamén formaba parte Núñez Singala, aínda que o seu maior recoñecemento lle chegou en 1987, ao recibir o premio Xiria de Creación Teatral.

Para a presente edición o texto foi revisado de acordo cos estándares normativos actuais e corrixíronse certos erros, ademais de efectuarse un cambio menor na actuación do Presentador que, en troques de dar unha palmada para iniciar a acción, agora chasca os dedos para evitar o inoportuno aplauso do público.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

02 feb 2015 / 19:49
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito