O misterio do Faro Vello
A nova achega narrativa de Fina Casalderrey propón misterio e aventuras sen esquecer o tratamento da educación viaria
Unhas estrañas luces no faro, unha panda de nenos, un personaxe diabólico, unha mascota moi ben ensinada, unha avoa enigmática e unha auténtica amizade son os elementos que caracterizan a última achega narrativa de Fina Casalderrey (Xeve, Pontevedra, 1952), O misterio do Faro Vello, publicada na colección "Sopa de Libros" de Edicións Xerais de Galicia e dirixida ao lectorado a partir de 10 anos.
Nesta obra que reescribe sutilmente, cun cambio de título, a historia de 1 pulga, 5 amigos e 1 tándem (Concello de Pontevedra, 2009), a autora tampouco renuncia á finalidade educativa da literatura, ao traballar diferentes valores e contidos transversais.
29 ago 2012 / 19:02
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito