Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
elos de lectura

Obra contra a desmemoria

A escritora Fina Casalderrey asina ‘Historia da bicicleta dun home lagarto’, novela que revisita o tempo do pasado século

    A guerra é ruín porque illa as persoas e divide as familias, pero sobre todo porque fende a nenez enchéndoa de silencios e preguntas de difícil resposta. Como xa fixera en obras anteriores, a escritora e académica Fina Casalderrey (Xeve, 1951) volve presentarnos en Historia da bicicleta dun home lagarto, que vén de publicar Edicións Xerais de Galicia, a imaxe dun protagonista infantil que afronta a existencia dos males da vida adulta sen vitimismo, que medra a pesar da dor que o rodea, e que é capaz, en definitiva, de aprender a vivir cando os maiores esqueceron o verdadeiro sentido da vida ou só poden limitarse a sobrevivir.

    A novela relata, deste xeito, o paso da nenez á primeira mocidade de Mundo, un cativo da vila aragonesa de Albarracín, fillo de pastor, que ve como a súa realidade vai mudar definitivamente por dous feitos illados pero coincidentes no tempo: a Guerra Civil e a chegada do teléfono ao lugar. Se o primeiro deles coincidirá coa misteriosa desaparición do seu pai, o segundo traerá á vida de Mundo a presenza de Camilo, vello amigo do anterior, e que se encarga da instalación da rede telefónica na zona.

    Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

    08 dic 2014 / 19:23
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito