Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O obradoiro "Deixa o móbil e debuxa" ofreceu aos rapaces participantes unha alternativa de entretemento activo

A vintena de asistentes realizaron ilustracións aplicando as técnicas que lles explicou o debuxante Xosé Manuel Fernández // As actividades continúan o vindeiro luns co taller “As superheroínas do noso pobo”, na Casa da Cultura de Valga

As bibliotecas municipais estrearon esta mañá os obradoiros infantís de dinamización da lectura programados para este verán coa actividade “Deixa o móbil e debuxa”, un obradoiro creativo de viñetas e humor gráfico que se desenvolveu na Aula CeMIT e que contou cunha vintena de nenos e mozos participantes.

A actividade ofreceu aos rapaces unha alternativa de ocio para este período estival, fomentando o entretemento activo e inculcándolles valores como a seguridade e a confianza en si mesmos, a perseverancia e o instinto de superación.

Aplicándo as técnicas que lles explicou o humorista gráfico Xosé Manuel Fernández Montes, os participantes botaron man do lapis e dos rotuladores para replicar algunhas ilustracións que o debuxante lles foi propoñendo.

As actividades organizadas polas bibliotecas municipais dentro do programa “Ler Conta Moito” continúan o vindeiro luns, 5 de agosto, con “As superheroínas do noso pobo”, un taller de ilustración centrado en debuxar a mulleres representativas de Valga e da súa contorna. Terá lugar na Casa da Cultura de Valga e a asistencia é gratuíta.

31 jul 2019 / 01:11
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito