Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Obradoiros, teatro e música para celebrar o Nadal na comarca

Carnota inaugurou as festas co acendido das luces e talleres // Noia ten nova decoración

O ambiente de Nadal comeza a inundar a comarca de Noia-Muros, onde os Concellos organizaron numerosas actividades para estas festas. En Carnota xa deron o pistoletazo de saída o pasado venres co acendido das luces navideñas e uns obradoiros de artesanía.

Na programación tamén destacan as obras teatrais. O día 13 a compañía Malasombra recalará na vila carnotá con Go on, o día 20 tomará o relevo Antena, que representará Golpes, e o 27 será Talía Teatro a que escenificará Lambetadas.

A música chegará da man da escola municipal, que ofrecerá un concerto o próximo 18 de decembro no local de Vintepicopés. Xa o sábado 21, celebrarán unha sesión de karaoke na que todas as persoas que o desexen poderán demostrar o artista que levan dentro.

Asemade, tamén se levará a cabo unha andaina o próximo domingo, por Quilmas e O Pindo, así como unha actividade de bádminton e xogos deportivos, ambas en Lamas de Castelo os días 23 e 26.

O 5 de xaneiro os Reis Magos chegarán en tren as cinco parroquias de Carnota. Nesta xornada haberá unha festa con animación e discoteca móbil no pavillón a partir das 17.00 horas.

En Noia, veñen de iniciar a instalación dunha nova decoración de Nadal polas rúas do casco histórico que acompañará ao tradicional alumeado. A inauguración será o vindeiro venres.

Por outra banda, informar que o Concello abriu onte as inscricións para asistir como paxe na cabalgata de Reis, na que poderán participar nenos e nenas de entre 5 e 12 anos, sempre que as súas familias os inscriban na primeira planta da casa consistorial. Compre lembrar que o número de prazas é limitado.

09 dic 2019 / 22:20
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito