Obras viais en Valga para incrementar a seguridade
VALGA A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade iniciará esta semana as obras de mellora da seguridade viaria na estrada PO-190, no Concello de Valga, cun investimento duns 287.000 euros. Será a construtora Marconsa S.L. a encargada de levar a cabo o proxecto ao longo de 1,3 quilómetros, que deberá estar rematado nun prazo de cinco meses dende o seu comezo. O cometido da operación ten que ver coa execución de novas beirarrúas, a ampliación das xa existentes e a súa regularización con novo pavimento para mellorar a mobilidade dos peóns. Tamén se elevarán os pasos de cebra para regular a velocidade do tráfico, colocaranse varandas nos desniveis e se ampliarán as zonas dos vaos peonís. Rematará o traballo co repintado das marcas viarias e de sinalización.