Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Ordes quere reducir nun 70 % a factura enerxética

    ORDES O pleno extraordinario de Ordes aprobou por unanimidade unha serie de medidas que se traducirán nun incremento da eficiencia enerxética e o

    aforro darredor dun 70 % para as arcas municipais. Trátase de dúas actuacións que atinxen ao sistema de iluminación pública (Fase II) e á implantación dunha instalación solar térmica na piscina climatizada Iván Raña Fuentes. Os orzamentos ascenden a 201.439,05 e 106.536,40 euros respectivamente. Unhas contías que serán sufragadas nun 80 % a través dos fondos Feder. O primeiro dos proxectos contempla, dun total de 508, o cambio de 413 puntos de luz por outros con tecnoloxía Led. O pleno acordou, tamén, pedir a Economía a subvención de 324.896 euros para o obradoiro de emprego.

    26 jul 2019 / 21:22
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito