Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Ordes repartirá 3.500 quilos de champiñóns no día grande

O venres arrancaba a feira multisectorial ExpoOrdes e facíao cunha primeira xornada adicada, como de costume, aos empresarios, autónomos e comerciantes da zona. Acompañándoos en todo momento estivo a directora xeral de Comercio e Consumo, Sol María Vázquez; o alcalde ordense, José Luis Martínez Sanjurjo, ademais da case a totalidade dos integrantes da corporación. Tampouco faltou o presidente da Mancomunidade, Roberto Rey, así como diversos alcaldes e concelleiros da comarca.

En total, no evento participan máis de 100 firmas de sectores relacionados coa alimentación, automoción, construción, cooperativismo, agricultura, medio ambiente, enerxías renovables, novas tecnoloxías, mobiliario, artesanía, téxtil, medio ambiente, enerxías, acción social, deportes, hostalería, mecánica e, como non, maquinaria agrícola e gandeira entre outros sectores. Hai que falar de 13.000 metros cadrados de exposición, dos cales tres mil corresponden á carpa instalada.

O día de onte estivo destinado á Mancomunidade. Dende ben cedo reuniuse numeroso público, entre eles, Alba Paz Boubeta, subdirectora xeral de Economía Social e o presidente da Mancomunidade de Ordes, Roberto Rey.

Hoxe será o día grandes desta cita, coa Festa do Champiñón, na que se repartirán máis de 3.500 quilos deste cogomelo polos bares e restaurantes da zona. Tampouco faltarán os postos de artesanía, que serán máis de 30, durante esta última xornada.

CLAUSURA

1 A Festa do Champiñón clausurará hoxe ExpoOrdes. Á parte de degustar os cogomelos poderase gozar da música cos grupos Os Gaiteiros de Sementes

da Arte e a charanga Santa Compaña. Tamén actuará a Banda de Música ordense cun concerto a partir

das 13.30 horas.

2 Por outro lado, a alameda do municipio acollerá asemade unha gran carpa que albergará unha trintena de postos de artesanía. Entre outros obxectos e creacións poderanse mercar pezas de coiro, bisutería, xoiería, abelorios e elementos feitos con madeira, vidro, doces, roupa confeccionada con la e gancho para nenos e nenas e persoas adultas, agasallos, p­atchwork etc.

27 abr 2019 / 22:19
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito