Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 10 agosto 2020
02:15
h

Otero Sobrido fixo un análise da década dos 50 en Corrubedo

O arquiveiro usou documentación histórica e revelou datos esclarecedores da vida de entón

O arquiveiro municipal de Ribeira, José Antonio Otero Sobrido, foi o protagonistao pasado venres da penúltima das catro conferencias que, baixo o título comúnde “Corrubedo ao descuberto”, estanse a desenvolver na casa do mar destaparroquia a iniciativa da asociación Corrubedo XI Séculos.

A charla de Otero que congregou a un gran número de veciños e veciñas e na que asistiu a concelleira de Cultura María Sampedro, estivo dedicada a diseccionar a década de 1950 da localidade usando documentación histórica extraída dos fondos do Concello, revelando datos esclarecedores da vida naquel entón, principiando pola súa poboación, moito maior que a actual (2.320 habitantes de dereito e 1.580 de feito, segundo a Memoria de Xestión Corporativa de 1949) ou algunhas obras executadas naquela época (como as pavimentacións da rúa da Igrexa e a da explanada do porto).

O arquiveiro local dedicou parte da exposición a incidir na temática da educación, relatando curiosas anécdotas como o alto grao de absentismo dalgúns alumnos ou o dunha polémica “escola clandestina”. Sucesos tremendamente tráxicos como o naufraxio fronte á Cedeira en 1954 do vapor Albatros, no que morreron 8 mariñeiros corrubedáns, tamén formaron parte dunha disertación na que José Antonio Otero quixo facer fincapé no carácter indómito da veciñanza da parroquia cando se daban situacións que consideraban inxustas.

Invitada por Corrubedo XI Séculos, a edil María Sampedro entregou o obsequio institucional de dita entidade, consistente nunha réplica dunha das pedras identificativas dos límites do antigo coto de Corrubedo, obra do artesán Manuel Olveira Franco.

09 jul 2019 / 00:00
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito