Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
son

Oujo invita a pedir axudas para rehabilitar vivendas

O alcalde de Porto do Son recorda que son a fondo perdido e que cobren o 50 % da obra

    O Son. O alcalde de Porto do Son, Luis Oujo, fixo un chamamento ós veciños para que se acollan á liña de subvencións a fondo perdido para o remate de fachadas e para a rehabilitación e reconstrución de vivendas no ámbito rural ou no Camiño de Santiago.

    Oujo dixo que se trata de axudas de ata o 50% do orzamento para actuacións que non poderán superar os 6.600 € en caso de remate ou rehabilitación de fachadas e os 8.600 en caso de reconstrucións. "As persoas interesadas poden obter máis información no Concello e o prazo para optar ás axudas remata o día 27 de maio", dixo o alcalde.

    As vivendas beneficiarias deben estar adicadas a residencia habitual e permanente, no caso de vivendas en propiedade, e por un período mínimo de 5 años no caso das de aluguer.

    Os ingresos ponderados das unidades familiares que residan nas vivendas obxecto da actuación terán que ser inferiores a 3,5 veces o Iprem para as do rural; 4,5 veces no caso das de aluguer e 6,5 veces cando se trate de vivendas históricas ou do Camiño.

    16 may 2016 / 21:29
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito