Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
cadro de honra

Ourense reivindica a figura dun dos grandes da literatura en Galicia

CONMEMORACIÓN. Co obxectivo de reivindicar e "reparar o silencio que existía ao redor da figura de Blanco Amor e poñela no lugar que lle corresponde", lembraba onte Luis González Tosar que naceu a fundación que leva o nome do autor de A esmorga. Unha entidade que el dirixe cun forte compromiso e dedicación, e que prepárase para conmemorar durante os próximos meses de novembro e decembro o corenta aniversario do falecemento do escritor cunha ampla programación de actividades, entre as que se inclúen a entrega do prestixioso premio de novela longa ou unha exposición centrada na súa figura. Accións todas elas que pretende culminar a Fundación Eduardo Blanco Amor coa celebración o vindeiro ano dun congreso literario internacional en Ourense. Parabéns!

23 oct 2019 / 22:55
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito