Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Outes publica as bases do seu concurso de literatura

    Outes. O Concello de Outes vén de publicar as bases do seu certame de poesía Francisco Añón, que este ano cumprirá a súa vixésimo cuarta edición. O concurso repartirá en total 2.410 euros en premios entre as diferentes categorías, a partir dos 6 anos.

    A convocatoria está aberta a todas as persoas de calquera nacionalidade, que presenten os orixinais escritos en galego. Os textos deberán ser inéditos e non premiados anteriormente.O prazo de presentación rematará o martes 2 de abril e os traballos deben entregarse nun sobre pechado (no que figure "XXIV Certame Francisco Añón de Poesía") na casa da cultura, xa sexa en man ou por correo.

    Ademais da publicación da obra, os poemas vencedores recibirán vales de libros ata os 14 anos dun máximo de 210 euros. Os gañadores das categorías de 15 a 17 anos e maiores de 18 levaranse un cheque por valor de 450 e 1.300 euros, respectivamente.

    O xurado do concurso dará a coñecer a súa decisión nun acto que se celebrará o vindeiro 17 de maio, Día das Letras Galegas.

    14 feb 2020 / 20:43
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito