Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

"Outes é un paraíso a tan só 25 minutos de Compostela"

O desenvolvemento económico do Concello é a asignatura pendente que centra ao alcalde

Manuel González López, alcalde do Concello de Outes dende as eleccións municipais do pasado mes de maio, ten moi claro que os esforzos do goberno local irán dirixidos a proxectar Outes. "É o gran descoñecido da ría de Muros e Noia", explicou o rexedor, pero "é un lugar excelente para visitar e para vivir", todo un "paraíso a tan só 25 minutos de Santiago de Compostela", puntualizou.

Precisamente para facer do municipio un perfecto lugar de residencia, o Concello estase a preocupar por promover a conciliación familiar e así dar facilidades á xente nova. No pleno de novembro "aprobáronse as ordenanzas e regulamentos" que van rexer o servizo de madrugadores, que non existía ata agora. Ademais, vai ampliarse o campamento de verán "que estará aberto todo o período non lectivo" e o mesmo sucederá co punto de atención á infancia, "que pasará a funcionar como unha escola infantil." E é que ata o momento só estaba activo 20 horas á semana, o que era insuficiente para os pais.

Outra das materias nas que Outes está a centrar o seu interese é no mantemento dos paseos marítimos "tanto do Freixo como da zona de Albán e no propio paseo fluvial da Serra de Outes". De feito, engadiu o alcalde, "entre os primeros proxectos que aprobamos", aínda non licitado, "foi a substitución da varanda de madeira, que estaba en mal estado, do paseo marítimo de Ponte Nafonso". O goberno local está facendo fincapé asemade na limpeza dos viais. "Somos conscientes de que temos moito mantemento que facer", indicou.

A área de desenvolvemento local é tamén un dos grandes obxectivos. Acaban de solicitarlle á Xunta de Galicia un axente de desenvolvemento local e agora están pendentes da resolución. "Unha vez que teñamos a esta persoa contratada xunto co orientador laboral poderemos planificar todo o que ten que ver co desenvolvemento económico, que é a gran asignatura pendente", asegurou. Por unha banda, buscan levar a bo portor un programa de apoio a emprendedores para crear emprego, e por outra, apostan por fomentar o turismo e lograr que a vila se coñeza. A parte, tamén están a traballar para modificar o Plan Xeral, posto que non contan con chan industrial. "É unha cuestión a medio prazo, pero o primeiro que temos que facer é establecer chan industrial" para crear emprego, asegurou.

Mellorar a rede de saneamento no sector marisqueiro é outro dos grandes obxectivos "posto qué o sector clave do concello", dixo.

Ver vídeo en: www.correotv.es

08 dic 2019 / 21:43
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito