Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
Candidato á alcaldía de Boqueixón polo PP

Ovidio Rodeiro Tato: “Queremos que no noso proxecto sexan partícipes todos os veciños”

“Promoveremos un traballo transversal” // “Temos previsto chegar coa auga ao 100% das casas” // “Seguiremos coa humanización dos núcleos rurais” // “Buscamos que Boqueixón sexa un concello atractivo”

Ovidio Rodeiro Tato (Boqueixón, 1972) será o líder da candidatura do PP para as próximas eleccións municipais. Entre os proxectos, que quere consensuar coa cidadanía, atópanse completar a rede de servizos básicos, desenvolver o PXOM, crear emprego e acadar un concello atractivo para vivir.

Leva case seis anos de director xeral de Xuventude, ¿por que regresar a Boqueixón?

É unha decisión adoptada xa dende bastante tempo e regreso polo alento dos boqueixaneses. Quero a implicación dos veciños e que participen do noso proxecto para Boqueixón. Queremos promover un traballo transversal. Estou con moitísimas gañas e ilusión de afrontar esta candidatura.

¿Cales son os principais proxectos que teñen en mente?

Imos cunha estratexia firme e de traballo, que iniciaremos nas vindeiras semanas e que se chamará Boqueixón 2020, e que iniciará da man dos veciños. Para iso faremos 14 reunións, unha por parroquia, abertas a todo o mundo. O obxectivo principal é atender as inquedanzas dos veciños e escoitalos para poder comprender mellor o que precisan. Isto nos permitirá tomar decisións valentes, renovadas e adaptadas aos tempos. Traballaremos con máis responsabilidade ca nunca e escoitando a todos.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y Orbyt

08 nov 2014 / 21:42
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito