Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Padrón despide hoxe a súa viaxe ó Medievo con pasarrúas e espectáculos

Os obradoiros de antigos oficios e a música encherán a feira no último día

Fin de festa hoxe en Padrón. A XI edición da Feira Medieval bota o peche. Pero farao cargada de novos eventos. Desde as 11 horas, sen tempo para a resaca da noite do sábado, abrirá por terceira xornada consecutiva un mercado medieval que se consolida coma unha das grandes atraccións da festividade.

Pouco despois, ás 11.15 horas, comezará o primeiro pasarrúas teatral a cargo de Las Bienaventurás. A este primeiro grupo sucederanlle logo outros de ámbito dramático e musical.

A partir das 12.00 horas comezarán os obradoiros de antigos oficios, presentes xa venres e sábado. Estas demostracións prácticas e artesanais finalizarán tras a derradeira sesión, prevsita para as 20.20 horas.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

09 jul 2016 / 22:09
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito