Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
entre o 17 e o 20 de abril

O Palacio de Congresos acolle en Semana Santa a primeira edición de Diver Pascua

    A Concelleira de Turismo, Reyes Leis, e a Directora do Palacio de Congresos, Belén Montero, presentaron no Pazo de Raxoi a primeira edición de Diver Pascua, un evento de ocio infantil que terá lugar entre o 17 e o 20 de abril. O evento terá espazos diferencidos de xogo para nenos con idades entre un e doce anos, e terá ademais un espazo diferenciado para os pais.

    O Palacio de Congresos contará con varios espazos de xogos distribuidos en función das idades dos nenos. Para os máis pequenos, aqueles que teñen entre un e catro anos, estará o Espazo Babe, onde haberá unha ludoteca inchable con xogos e mesas para colorear. Para os nenos de entre cinco e doce anos habilitarase o Espazo de Inchables, onde haberá tobogáns, futbolín, pista de obstáculos, cama elástica, tolo, xiraloco...

    Tamén haberá un Espazo de Actividades Deportivas e Xogos, destinado ao xogo entre pais e fillos, nos que se poderá xogar ao tenis de mesa, minigolf, xogos xigantes de conecta catro, xadrez, damas, tres en raia... Haberá tamén un Espazo Multimedia para nenos a partir de seis anos, onde haberá consolas Wii con multitude de xogos deportivos e de estratexia.

    Un dos atractivos de Diver Pascua será a Mesa de Autógrafos, na que participarán varios xogadores do Obradoiro e do Santiago Futsal para asinar autógrafos e tomarse fotografías cos pequenos. Nesta mesa tamén se sortearán entradas para o próximo encontro do Santiago Futsal contra o campión de liga de Futbol Sala, o vindeiro domingo 27 de abril.

    Durante todas as xornadas haberá tamén diversas actuacións de animación musical e infantil e animación itinerante con zancudos. Tamén haberá un Photocall coa visita sorpresa das personaxes infantís máis actuais e demandadas polos nenos. O horario de Diver Pascua será de 11.00 a 14.00 e de 16.30 a 20.30. O prezo das entradas será de cinco euros para os nenos e dous euros para os adultos.

    07 abr 2014 / 17:02
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito